Casalderrey, Fina

Derradeira carta ós Reis Magos / Fina Casalderrey ; ilustracións de Hoa-bihn Melgar - 1ª ed/OUTUBRO/2002 - Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,2002 - 42 páx :il. col. ;19 cm - MERLÍN ;124 .

Paulo, un neno de oito anos, vive nunha bufarda da rúa peonil máis céntrica da cidade. A súa nai traballa de caixeira nuns grandes almacéns e o seu pai foi despedido da fábrica de mobles onde traballaba como vernizador. Paulo percorre a súa rúa procurando os escaparates que anuncian a chegada dos Reis Magos. Con todo, o seu escaparate preferido é aquel onde se expón un scalextric precioso, que Paulo desexa como o seu agasallo preferido. Paulo converté-rase naqueles días de Nadal no neno máis bo do Universo, pero algo aconteceu na mañá do día de Reis cando prendeu a luz, sentou na cama e… daquela baleirou toda a súa rabia na carta máis longa que nunca fixera na súa vida.Derradeira carta ós Reis Magos de Fina Casalderrey é un conto de nadal escrito ao estilo clásico, tan sinxelo e breve como intenso e conmovedor. O libro foi ilustrado fermosamente pola artista cubana Hoa-binh Melgar.

848302893x


Reis
NADAL--Cuentos

82-3 / 82-N

Coa tecnoloxía Koha