Diset

Yo aprendo a contar - Barcelona : Diset - : Maletín ; ‎31.7 x 6 x 26 cm

Xogo educativo, a partir dos 5 anos.

Competencias que desenvolve: reforzo escolar no que se iniciará nas súas primeiras operacións matemáticas.
Practicarán ata 83 operacións matemáticas; axeitado para aprender primeiras operacións como: contar, sumar e restar.


Maletín que contén 15 fichas de actividades. Un total de ata 83 operacións, ideais para aprender as primeiras operacións matemáticas, mellorando a capacidade de cálculo. Inclúe un sistema de autocorrección, só encaixa no resultado correcto.

Segundo a ficha escollida, os nenos e nenas descubrirán diferentes exercicios de cálculo mentres xogan. As actividades que se poden realizar co maletín son as seguintes:
• Exercicios de cálculo con debuxos de animais
• Fichas de agudeza visual nas que terán que contar cantos vehículos, alimentos ou froitas hai de cada clase.
• Fichas nas que resolverán exercicios de suma, resta e multiplicación (coa táboa do 2)
• Utilizar os seus coñecementos de conta, suma e resta para completar exercicios cubrindo campos baleiros.
• Fichas nas que colocarán o número que corresponda a cada palabra que o represente.

1º-2º Primaria


Xogos educativos




79

Coa tecnoloxía Koha